O Concello de Pereiro de Aguiar reforza os servizos de emerxencias

O Concello de Pereiro de Aguiar reforza os seus servizos de emerxencias coa adquisición dunha nova furgoneta equipada e unha motobomba forestal que permitirán dar unha resposta máis rápida e eficaz ante posibles incidencias.
En concreto, a nova furgoneta recibida polos GES mellorará a operatividade, mentres que a motobomba forestal permitirá actuar con máis forza fronte aos incendios, especialmente de cara a tempada estival. A adquisición de ambos vehículos foi posible grazas á cooperación coa Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense.