O Concello de Ramirás avanza na renovación da antiga escola de Freas

OurenseXa
Recentemente rematouse a obra da nova cuberta na á esquerda da escola
escola-de-freas-ramiras
9 Dec 2025

O Concello de Ramirás continúa avanzando no proxecto de rehabilitación integral da antiga escola de Freás, na que o Concello investiu nos últimos catros anos arredor de 830.000 euros

Recentemente rematouse a obra da nova cuberta na á esquerda da escola. A fachada principal, explican dende o Concello, xa fora renovada con anterioridade para adaptala ao centro de día. Agora, sinalan, só queda por renovar a á dereita do albergue, que está actualmente dedicada á brigada de incendios da Xunta de Galicia.

Toda esta inversión, explican, foi posible grazas ás subvencións recibidas de Europa, da Xunta de Galicia e da Deputación, cumprindo así os obxectivos de mellorar e revitalizar este emblemático edificio do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.088622093200684