O Concello de San Cibrao das Viñas construirá unha Pista Multideporte en Rante e un novo parque infantil

O Concello de San Cibrao das Viñas somete a exposición pública a aprobación do proxecto de obra da construción dunha pista multideporte e un parque infantil no municipio de Rante.
O orzamento entre ambas actuacións será de 96.356,14 euros, dos cales 47.973,72 destinaranse á construción do parque infantil e 48.382,42 serán para proxecto de obra da nova pista multideporte.