O Concello de Taboadela instala un novo espazo multideporte no parque de Lama de Prado

O Concello de Taboadela vén de inaugurar no Parque de Lama de Prado unha nova pista multideporte, un espazo pensado para ser un punto de encontro onde mozas, mozos e familias poidan xogar, adestrar e desfrutar do aire libre.
Esta instalación, explican dende o Concello, nace coa intención de fomentar hábitos saudables, promover o deporte en equipo e incentivar o uso activo dos espazos públicos, apostando así por unha vida máis activa e saudable entre a veciñanza.
Desta forma, Lama de Prado continúa a medrar con infraestruturas que priorizan o benestar, a inclusión e a vida en comunidade.