O Concello de Taboadela organiza obradoiros de memoria entre marzo e xuño

OurenseXa
Estarán abertos a todas as persoas interesadas en participar, que deberán inscribirse previamente
Imaxe recurso dun cerebro
1 Mar 2026

O Concello de Taboadela organiza unha serie de obradoiros de memoria dirixidos a todas as persoas interesadas en fortalecer a mente e mellorar a memoria. As sesións terán lugar no Reitoral da Cultura entre as 16:00 e as 17:30 horas durante os meses de marzo, abril, maio e xuño.

Durante os obradoiros traballarase en diferentes ámbitos como estratexias para mellorar o recordo, atención, linguaxe e concentración, estimulación cognitiva, así como exercicios prácticos para aplicar no día a día. Estas actividades están dirixidas a pacientes, familiares, coidadores e ao público en xeral.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ao 988 43 93 15 ou nas oficinas do Concello de Taboadela.

0.13161897659302