O Concello de Taboadela organiza unha excursión a Portugal

OurenseXa
Será o 5 de xullo e haberá un total de 55 prazas dispoñibles
guimaraes
26 Jun 2025

O Concello de Taboadela organiza unha excursión a Portugal o vindeiro sábado, 5 de xullo, na que os participantes poderán descubrir lugares como Arcos de Valdevez, Guimarães, Castro Laboreiro, Ponte de Lima e Ponte da Barca.

A saída terá lugar ás 8.00 horas dende o Concello e ofrecerá unha comida comida en Castro Laboreiro que incluirá embutidos, sopa, bacallau á broa, cabrito, sobremesa, pan e viño. En canto ás prazas, ofértanse un total de 55 e darase prioridade ás persoas empadroadas. O prezo será de 25 euros por adulto e 12,50 para menores de 12 anos. As incricións poderán formalizarse no Concello ata completar o aforo.

⚙ Configurar cookies
0.1778450012207