O Concello de Toén abre a inscrición para participar nun curso de manexo do móbil dirixido a maiores de 65

OurenseXa
O curso desenvolverase entre finais de febreiro e principios de marzo nos locais sociais de Toén, Alongos e Moreiras
mobil-ordenador-tecnoloxia
19 Feb 2026

O Concello de Toén vén de abrir o prazo de inscrición para o curso “Dixitalízate: manexo de móbil”, unha acción formativa orientada a persoas maiores de 65 anos co obxectivo de mellorar a súa autonomía e seguridade no uso do teléfono móbil.

A iniciativa permitirá aos participantes aprender a empregar o seu dispositivo de maneira práctica e adaptada ás súas necesidades, ademais de coñecer ferramentas dixitais básicas nun entorno accesible.

As sesións desenvolveranse en tres localizacións do municipio. No Local Social de Toén, terán lugar os días 23 de febreiro, 2 e 9 de marzo, en horario de 16:30 a 19:00 horas. En Alongos, impartiranse os días 24 de febreiro, 3 e 10 de marzo, de 17:00 a 19:30 horas. Por último, en Moreiras (Local Social) celebraranse o 27 de febreiro e os días 6 e 13 de marzo, tamén de 17:00 a 19:30 horas.

O prazo de inscrición permanecerá aberto do 12 ao 19 de febreiro e as persoas interesadas poden anotarse chamando ao teléfono 988 261 074.

A formación é gratuíta e está incluída no programa de competencias dixitais, financiado no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia pola Unión Europea-NextGeneration EU, o Goberno de España e a Deputación de Ourense, en colaboración co Concello de Toén.

⚙ Configurar cookies
0.084081172943115