O Concello de Toén organiza clases de bailes afrolatinos para a veciñanza

OurenseXa
As clases comezarán este venres e desenvolveranse ao longo de 10 sesións
baile-de-salon-e-latino
30 Sep 2025

O Concello de Toén iniciará esta semana as clases de bailes afrolatinos, que se desenvolverán ao longo de 10 sesións, sendo a primeira este venres, 3 de outubro de 2025. As clases terán lugar no Colexio Antigo de Puga, os venres en horario de 22:10 a 23:10.

A actividade está dirixida a todos os veciños e veciñas do municipio, dando prioridade ás persoas que estean empadroadas, que ademais contarán con descontos nas clases. Os interesados poderán anotarse de forma online ou presencial nas oficinas do Concello, e o prazo remata este mesmo martes.

⚙ Configurar cookies
0.091722965240479