O Concello de Pereiro de Aguiar ofrecerá clases gratuítas para preparar as probas de competencias clave

OurenseXa
O prazo para presentar solicitudes para as probas remata o 14 de febreiro
casa-do-concello-pereiro-de-aguiar
20 Jan 2026

O Concello de Pereiro de Aguiar anunciou a impartición de clases gratuítas destinadas á preparación das probas de avaliación en competencias clave.

Estas probas son necesarias para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 2 e 3 de cualificación, segundo a convocatoria publicada recentemente pola Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego.

O prazo para a presentación de solicitudes para realizar as probas remata o 14 de febreiro de 2026. A data e o lugar de celebración aínda están por determinar, aínda que está previsto que teñan lugar na segunda quincena de maio.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co Servizo de Educación do Concello no teléfono 622 202 697, en horario de 9:00 a 14:30 horas.

⚙ Configurar cookies
0.082482099533081