O Concello do Pereiro de Aguiar pon en marcha unha Campaña de Compostaxe Doméstica

OurenseXa
A veciñanza pode solicitar un composteiro gratuíto e acceder á tarifa reducida na taxa do lixo
compostaxe-domestica-begonte-compostador-portada
15 Aug 2025

O Concello do Pereiro de Aguiar, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, pon en marcha a campaña de Compostaxe Doméstica 2025. A iniciativa anima a toda a veciñanza a solicitar un composteiro gratuíto, co que poderán acceder á tarifa reducida na taxa do lixo, cun desconto do 30%, quedando a un custo anual de 55,95 euros (13,99 euros/trimestre).

Para participar, os interesados deben cumprir os seguintes requisitos: estar presentes nas visitas programadas para a entrega do composteiro e o manual de uso; ter a primeira residencia no Concello do Pereiro de Aguiar; non ter participado en campañas anteriores; e dispoñer dun mínimo de 50 m² de horta ou xardín.

O Concello anima a toda a veciñanza a sumarse a esta iniciativa, que busca fomentar a reciclaxe orgánica e promover prácticas sostibles no ámbito doméstico.

⚙ Configurar cookies
0.73301911354065