O Concello e representantes do deporte de montaña abordan as bases dun futuro rocódromo na cidade

OurenseXa
O concelleiro de Deportes subliñou o notable auxe que está a experimentar a escalada en Ourense
concello-asesou-rocodromo-ourense
25 Nov 2025

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o tenente de alcalde, Aníbal Pereira, mantiveron este luns un encontro co presidente da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME), Joan Bernat Clarella Biarge, o presidente do club Asociación de Escaladores Ourensáns Asesou, Alfonso Böck Villalva e a secretaria-tesoureira da entidade ourensá Blanca García Domínguez.

A reunión serviu para sentar as bases do futuro rocódromo da cidade que, segundo afirmou Aníbal Pereira, “todos temos en mente”, salientando que a infraestrutura é “necesaria para a práctica deste deporte e tamén para a aposta firme que temos desde o Concello co turismo deportivo”.

O concelleiro de Deportes subliñou o notable auxe que está a experimentar a escalada en Ourense durante os últimos anos, que se plasma neste club, un dos máis grandes xa do panorama deportivo da cidade, xa que conta con 800 fichas, entre elas as de 280 nenos e nenas.

⚙ Configurar cookies
0.054636001586914