O Concello inicia unha nova campaña de agasallo de libros ás nenas e aos nenos de Ourense

OurenseXa
O Concello de Ourense pon en marcha unha nova campaña de agasallo de libros aos nenos e as nenas empadroados na cidade e nados a partir do ano 2006 (incluído).
campaña_agasallo_libros_2024_concello_ourense
18 Xan 2024

O Concello de Ourense pon en marcha unha nova campaña de agasallo de libros aos nenos e as nenas empadroados na cidade e nados a partir do ano 2006 (incluído). Dende o día 1 de febreiro até o 4 de marzo poderán retirar un libro de até 20 euros, á súa escolla, en calquera dos establecementos que se adhiran á convocatoria.

As librarías poden adherirse presentando  unha solicitude de participación, cubrindo unha instancia e presentándoa a través da sede electrónica do Concello, coa data límite do día 26 de xaneiro.  A listaxe de locais participantes publicarase na web do Concello.

As nenas e os nenos poderán adquirir un libro cun custo máximo de 20 euros (exclúense expresamente os libros de texto e o material escolar). Para poder recibir a axuda deberá realizarse unha solicitude a través da páxina web https://libros.ourense.gal.

0.19447803497314