O Concello organiza un ciclo de visitas didácticas ás bibliotecas municipais

OurenseXa
Máis de 700 alumnos e alumnas de Primaria de 19 centros educativos participan nesta actividade
primaria_bibliotecas
Escolares do CEIP Prácticas visitan a biblioteca municipal da Ponte
13 Mar 2024

A Concellería de Educación do Concello de Ourense iniciou un ciclo de visitas didácticas de escolares de Primaria ás bibliotecas municipais. Máis de 700 alumnos e alumnas de Primaria de 19 centros educativos participan nesta actividade, que ten como finalidade dar a coñecer de forma lúdica entre a cativada a existencia das bibliotecas municipais e fomentar o hábito de lectura desde a infancia. Esta mañá un grupo de estudiantes do CEIP Prácticas visitou a biblioteca municipal da Ponte.

O Concello conta con 3 bibliotecas municipais: A Ponte, na Praza Luis Fernández s/n, A Carballeira, na Praza do Sagrado Corazón, s/n e San Francisco, na rúa Pena Trevinca, na explanada da estación de tren

O horario de apertura en inverno é de luns a venres de 10:00 a 13:30 h e de 16:00 h a 19:30 h. A biblioteca da Ponte abre tamén os sábados, de 11:00 a 13:00 horas.

0.09926700592041