O Concello vala a contorna do edificio do antigo Hotel Miño por motivos de seguridade
Os servizos de Bombeiros, Policía Local e Disciplina Urbanística do Concello de Ourense achegáronse esta mañá ao edificio do antigo Hotel Miño, na confluencia das rúas do Paseo e Cardeal Quiroga, tras ter coñecemento de que se producira o desprendemento dunha chapa da parte superior do inmoble.
Coa finalidade de garantir a seguridade viaria, acordoouse a contorna do edificio e os bombeiros realizaron unha primeira valoración da súa situación na que advertiron da conveniencia de desmontar a estrutura da cúpula do inmoble. Por este motivo, procedeuse ao valado da contorna do edificio, tanto na rúa do Paseo como na rúa Cardeal Quiroga, deixando un espazo para o tránsito peonil.
O servizo de bombeiros realizará agora un informe de urxencia e o Concello requiriralle a propiedade do edificio que desmonte a estrutura de madeira da cúpula do edificio.