O concurso de decoración polo Orgullo de Allariz xa ten gañadores

OurenseXa
Premiouse aos mellores escaparates decorados para esta ocasión
tenda gañadora do concurso do orgullo de allariz
Teresa Quintana Atelier, gañadora do primeiro posto
17 Xul 2024

O pasado 28 de xuño, o concello de Allariz convidaba a todas as persoas comerciantes e hostaleiras do municipio a unirse á celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI+ decorando e ornamentando os seus negocios coas cores do arco da vella.

Con esta iniciativa pretendíase, non só contribuír a unha causa importante, senón tamén dar máis visibilidade aos negocios participantes e premiar aos mellores escaparates decorados para esta ocasión.

Fai uns días, o xurado, composto pola concelleira de Benestar Social, a concelleira de Promoción Económica e o pintor Xaime González, pasaron polos negocios que participaron na decoración e esta semana deuse a coñecer aos tres gañadores, estando no primeiro posto a tenda de Teresa Quintana Atelier, seguido de Mara Collection e A Tenda do Pepiño en segundo e terceiro posto.

0.12148308753967