O CMUS de Ourense presenta a "Wind Rock Band"
Este xoves 29 de febreiro ás 20:00h no Teatro Principal de Ourense comeza a andadura oficial da Wind Rock Band do Conservartorio Profesional de Música de Ourense (CMUS de Ourense) dirixida por Emilio José Vázquez Rodríguez.
O concerto é gratuito e as invitacións poden recollerse na conserxería do CMUS Ourense e na entrada do teatro.
José Vázquez Rodríguez comeza cursando estudios no Conservatorio Profesional de Música de Ourense e máis tarde continúaos no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, onde obtén o título de profesor superior de saxofón. Posteriormente continúa a súa formación asistindo a distintos cursos de perfeccionamento e seminarios de saxofón impartidos con N. Pillo, J. Franco, C. Delangle, A. Gomis, M. B. Charrier e varios cursos de teoría da música e análise con A. Charles Soler. Foi profesor en varias escolas de música e actualmente desenrola a súa actividade como docente no CMUS de Ourense onde ademais de impartir clase de saxofón dirixe a Banda de Grao Profesional I. Ten impartido cursos en distintas localidades, Vilagarcía de Arousa, Celanova, Ortigueira, Carballiño e Vigo. Na súa faceta pedagóxica destaca a súa participación na elaboración de diferentes materiais destinados á formación do alumnado e participa na estrea de numeroso repertorio, colaborando con distintos compositores na creación de novas obras para saxofón, como D. Cuevas, E. Calandín, J. Montero, D. Arroyo, X. A. Vázquez Casas e M. García-Mendoza, realizando gravacións dalgunha delas para a Radio Galega, así como diversos Cd´s. É invitado a actuar en concertos e diversos festivais tanto en solitario como en diferentes agrupacións camerísticas como a Banda Municipal de Pontevedra, IX festival de la Ribagorza, Rianxo, Ponteareas, Coles, Festival primavera Sober, Congreso Internacional de bandas de Ortigueira