O Coro de Cámara Rías Baixas protagoniza o terceiro concerto do XI Ciclo de Música de Cámara Carmen Fernández en Allariz

OurenseXa
Será este sábado na sede da Fundación Vicente Risco
antia-lado-allariz
16 Oct 2025

O vindeiro sábado 18 de outubro, ás 20:00 horas, na sede da Fundación Vicente Risco en Allariz, celebrarase o Concerto III do XI Ciclo de Música de Cámara Carmen Fernández, un evento coordinado por Brais González que contará coa actuación do Coro de Cámara Rías Baixas.

A agrupación, fundada en 2014, está integrada por cantores non profesionais cunha clara vocación pola excelencia musical. Ao longo da súa traxectoria, ofreceu máis dun centenar de concertos, interpretando obras fundamentais do repertorio coral e colaborando con formacións de prestixio como a Orquestra Vigo 430 ou a Real Filharmonía de Galicia.

O coro destaca tamén pola súa labor de difusión da música galega, promovendo proxectos propios dedicados a compositores da comunidade e ofrecendo oportunidades a novos solistas. Ademais, mantén colaboracións con entidades como Amigos da Ópera de Vigo e o Ensemble Caspervek, e participa en concertos organizados por ACOPOVI, nos que interpreta programas a capela.

Con presenza habitual en festivais e escenarios de toda Galicia, o Coro de Cámara Rías Baixas continúa consolidándose como unha das formacións corais máis activas do panorama musical galego.

⚙ Configurar cookies
0.074587106704712