O CPR Plurilingüe Santo Ángel inaugura o proxecto interdisciplinar ‘Gorecer’

OurenseXa
O proxecto foi seleccionado entre os mellores de España e vai ser exposto na final que terá lugar en Barcelona
inauguracion-proxecto-gorecer
Acto de inauguración do proxecto interdisciplinar ‘Gorecer’ no CPR Plurilingüe Santo Ángel
26 Abr 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu esta mañá ao acto de inauguración do proxecto interdisciplinar ‘Gorecer’, que se desenvolveu no CPR Plurilingüe Santo Ángel co gallo de analizar as necesidades de xerar espazos para compartir culturas e coñecementos que favorezan a integración.

Levado a cabo por o alumnado de 4º da ESO,  o proxecto foi seleccionado entre os mellores de España e vai ser exposto na final que terá lugar en Barcelona. Esta iniciativa está baseada na metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo, co obxectivo de abrir o centro á comunidade e traballando os ODS (Obxectivos de desenvolvemento sostible).

0.20756912231445