O desfile de Entroido de Ourense repartiu cerca de 10.000 euros en premios

OurenseXa
Centos de persoas participaron este domingo nunha das mellores tradicións do Entroido da cidade
desfile-entroido-ourense
16 Feb 2026

O xurado do concurso organizado polo Concello para recoñecer as mellores comparsas e carrozas participantes no desfile do Entroido de Ourense 2026 repartiu este domingo uns 10.000 euros en premios entre centos de participantes que animaron as rúas da cidade a pesar da choiva.

Na categoría de comparsas con máis de dez compoñentes, o primeiro premio, dotado con 1.500 euros, foi para ‘Os parrandas do Irixo’, de Tania Gallego. O segundo premio, de 1.000 euros, recaeu en ‘Enxame da Auria’, da Asociación Cultural Os Lolailos, mentres que o terceiro, de 800 euros, foi para ‘Guardianes do fogo’, da Asociación Cultural Os Arrieiros de Dacón. O xurado concedeu ademais catro cuartos premios, de 500 euros cada un, a ‘Poker premium’, de Diego Vázquez; ‘Azucarados de Maside’, da Asociación Cultural Os Azucarados de Maside; ‘Rollinds’, do Club Roller Ourense; e ‘De safari’, da Asociación Amigos de Partovia.

Na categoría de comparsas con menos de dez integrantes, o primeiro premio, dotado con 500 euros, foi para ‘Chapa-Chips Os dragóns da Ribeira Sacra’, de Nogueira de Ramuín.

Tamén se outorgaron premios especiais no apartado de comparsas. O recoñecemento á máis numerosa, con 500 euros, foi para ‘Estilo Libre Bollywood’, da Escola de Danza Estilo Libre, mentres que o premio á máis enxeñosa, tamén con 500 euros, foi para ‘Hagan juego’, de José Manuel Sousa.

No apartado de carrozas, o galardón ao mellor deseño, execución e posta en escena, dotado con 1.000 euros, foi para ‘Rexoubeiros Aladin’, da Asociación Os Rebouxeiros.

⚙ Configurar cookies
0.084714889526367