O encontro transfronterizo "Sons de irmandade" cumple 45 anos
Este sábado, 20 de abril, a Praza Maior de Celanova acollerá unha nova edición do encontro transfronterizo de folclores "Sons de Irmande", que cumple 45 anos este 2024.
A cita, orgizada pola asociación Lembranza Solpor en colaboración co Concello de Celanova, é un encontro transfronterizo de folclores tradicionais que se celebra de forma anual e que, nesta nova edición de 2024, contará coas actuacións do Grupo Folclórico de Cacia (Portugal) e, como non podería ser de otra maneira, coa actuación do grupo Lembranza Solpor.
A xornada comezará ás 19.30 horas na Praza Maior, pero os asistentes poderán gozar da actuación de diversos pasarrúas a partir das 12.00 horas do mediodía, a cargo de "Vai de Vagar" e "Murga Coelerni".
Ademais, ás 23.oo horas haberá un concerto de música folk da man do dúo "Mouriño & Gómez", no salón de actos dos claustros e, ao rematar, terá lugar unha foliada libre.