O enterro da sardiña pon fin ao Entroido ourensán

OurenseXa
O percorrido pasará pola Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo e Parque San Lázaro
Enterro_da_Sardiña_2023_Concello_Ourense
Enterro da Sardina en Ourense
14 Feb 2024

Ourense pon fin ao seu Entroido este mércores 14 de febreiro, cando terá lugar o tradicional Enterro da Sardiña.

O percorrido comezará ás 20.00 horas dende a Praza Maior e rematará no Parque de San Lázaro, pasando polas rúas Lamas Carvajal e Paseo.

De esta forma, a capital termal despedirase ata o próximo ano do Entroido, que nesta edición de 2024 reuniu a miles de persoas polas rúas da cidade.

Segundo a tradición, o Mércores de Cinza festéxase para enterrar os excesos do Entroido e dar paso así á Coresma. Inda que existen diversas teorías sobre a súa orixe, a máis extendida sinala que, no século XVIII, o rey Carlos III regalou aos nobres un cargamento de sardiñas para que pasar a Coresma. Con todo, a partida estaría en mal estado polo que, debido ao forte cheiro víronse obliagos a enterrala na ribeira do Manzanares. En ton de burla contra o monarca, dise que os madrileños saíron á rúa cantando e bailando, dando orixe a esta singular tradición.

0.17382097244263