O Entroido de Frei Canedo arranca este xoves cunha gran Festa de Comadres

OurenseXa
Será a partir das 21:30 horas no parque Ribeira de Canedo
entroido-frei-canedo
11 Feb 2026

O Entroido de Frei Canedo arranca este xoves cunha gran Festa de Comadres

Será a partir das 21:30 horas no parque Ribeira de Canedo

Tras o éxito da pasada edición, a Asociación Cultural Frei Canedo da Ponte prepara unha nova edición da Gran Festa de Comadres, que terá lugar este xoves 12 de febreiro a partir das 21:30 horas no parque Ribeira de Canedo. Este evento marcará o inicio das celebracións do Entroido no barrio da Ponte, que este ano chega cargado de actividades.

A organización ofrece unha cea completa que inclúe callos, carne richada con guarnición, sobremesa, pan, viño, refrescos, auga, café e chupitos, todo por 25 euros. Hoxe é o último día para mercar as entradas, que están á venda no local da Asociación Frei Canedo da Ponte, na Barbería Sers Barber, na Cervexería Milmañas e en Mira Maruxiña.

Durante a festa, haberá actuacións musicais do Dj residente King Dawit e do Dúo Maratón, para animar a noite. Dende a organización lembran haberá que asistir cun disfaz femenino, como marca a tradición.

As celebracións continuarán até o martes, 17 de febreiro, cando terá lugar a tradicional solemne procesión de Frei Canedo polas rúas do barrio pontino.

PROGRAMA COMPLETO DO ENTROIDO DE FREI CANEDO 2025

⚙ Configurar cookies
0.095345020294189