O Entroido de Frei Canedo presenta o seu programa completo de actividades

A Asociación Cultural Frei Canedo presentou o programa do Entroido de Frei Canedo 2026, que se celebrará do 12 ao 16 de febreiro no parque da Ribeira de Canedo, no barrio da Ponte, Ourense.
O inicio terá lugar o xoves 12 coa tradicional Cea de Comadres e un baile de disfraces con música en directo. O venres continuará coa Festa Laranxa, animada por varios DJ recoñecidos da cidade e do barrio.
O sábado 14 realizarase un pasarrúas a cargo das Cantareiras da Cunha e un baile de disfraces infantil. O domingo, Día do Neno, dedicarase a actividades para os máis pequenos, como xogos populares, inchables, obradoiros de maquillaxe e un taller infantil de elaboración de queixos. Tamén haberá sesión vermú, comida popular e un concerto do grupo local Santa Compaña.
O luns 16, Día Grande, incluirá un pasarrúas de Aperta Percusión, un encontro de confrades, a solemne procesión polas rúas da Ponte, entrega de premios a comparsas e escaparates, e a tradicional cea de confraternización. A xornada finalizará con música en directo, un folión de fogos artificiais e un baile de disfraces coa orquestra Solara.
PROGRAMA COMPLETO DO ENTROIDO DE FREI CANEDO 2025