O Entroido Quente de Maceda regresa este sábado

OurenseXa
O evento arrancará co tradicional Rally do Humor e contará con actuacións musicais ao longo de toda a xornada
entroido-quente-de-maceda
1 Aug 2025

A Asociación Entroido Quente de Maceda organiza este sábado, 2 de agosto, unha nova edición do seu Entroido Quente. As rúas da vila encheranse de música e humor nunha das citas máis esperadas do verán no municipio.

O evento arrancará co tradicional Rally do Humor ás 17:00 horas, continuará ás 20:00 horas cun pasarrúas a cargo da charanga BCB. Os concertos comezarán á media noite. Os grupos que actuarán este ano son Fanfarria, Taquikardia, Maskarpone, a Orquesta Neverloura e DJ Sandin. Antes, ás 23:00 horas, desputarase a final da batalla de galos.

⚙ Configurar cookies
0.1803719997406