O escritor Ángel Gómez escolleu Celanova para presentar a súa primeira novela

OurenseXa
‘Los rumores de la tierra’ foi presentada na Casa dos Poetas nun acto que contou coa participación do guitarrista Miguel Fraile
presentacion-los-humores-de-la-tierra-celanova
Presentación de 'Los humores de la tierra' en Celanova
7 Mar 2025

A Casa dos Poetas de Celanova acolleu este xoves a presentación do libro ‘Los humores de la tierra’ do escritor Ángel Gómez. Celanova foi o primeiro punto de Galicia no que se presenta esta novela rural e campesiña que é ademais a primeira publicada por este autor.

Durante a presentación participou o guitarrista Miguel Fraile que interpretou a música de tradición oral procedente do folclore segoviano e galego.

Ángel Gómez, é natural da provincia de Segovia e naceu segundo as súas propias palabras nun “pueblo mínimo” fai 76 anos. A súa nova novela testemuña dunha vida e un mundo rural, que entrou na decadencia do abandono, a través dunha historia de pobreza e miseria, de malos tratos e de esforzo individual e compartido, de derrubamento e resurrección. Todo a través de Gabriel, un neno que desde o seu nacemento ten a necesidade de ser forte, de resistir todas as penurias, de sobrevivir, e da súa familia, unha nai maltratada e un pai maltratador. Todo en medio da tiranía dun poder político nacido na vitoria dunha guerra incivil.

Esta foi a primeira presentación do mes de marzo na Casa dos Poetas, sendo a seguinte a de ‘Paspartue’, de Alex Pernas, o vindeiro 15 de marzo ás 12.00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.073949098587036