O escritor ourensán Jorge Emilio Bóveda presentará o seu novo libro en Celanova

OurenseXa
Será o 20 de marzo na Casa dos Poetas da Fundación Curros Enríquez
presentacion-as-portas-condenadas-celanova
12 Mar 2026

A Casa dos Poetas de Celanova acollerá este venres, 20 de marzo de 2026, ás 19.30 horas, a presentación do libro As portas condenadas, escrito por Jorge Emilio Bóveda. No acto estará acompañado por David González Couso, filólogo, ensaísta e profesor.

Trátase da oitava publicación que Bóveda presenta na sede da Fundación Curros Enríquez, tras títulos como O monstro de Ille (2017), As sete mortes de Leopoldo Pardo (2018), Ternos propietarios (2019), O libro cero e Anoitece en Vulgaria (2022), Caixa B (2023) e A palabra salvaxe (2024).

Natural de Ourense, Jorge Emilio Bóveda é director e docente do CEIP Curros Enríquez de Celanova. Escritor en galego e castelán, conta no seu haber con varias novelas, relatos e algún ensaio, ademais de participar en obras colectivas.

0.1015408039093