O espectáculo ‘As Perseidas’ poñerá fin á programación de 2024 do Auditorio Municipal de Ourense

O espectáculo ‘As Perseidas’, de Pablo Méndez, chega o 29 de decembro ao Auditorio Municipal de Ourense, poñendo fin ao programa de concertos e espectáculos deste 2024. A función enmárcase dentro das actividades culturais organizadas polo Concello de Ourense para celebrar o Nadal.
A compañía creada por Pablo Méndez conta cun extenso percorrido polos escenarios, especialmente despois de quedar semifinalista en Got Talent 2021. Nesta ocasión, presentará en Ourense o seu espectáculo ‘Perseidas’, unha historia futurista que mestura maxia, emoción e, por suposto, un gran número de acrobacias e espectáculos aéreos.