O espectáculo infantil ‘Barullo’ chega este xoves a Allariz

OurenseXa
A actividade está dirixida a nenos e nenas de todas as idades e comezará ás 19:00 horas.
barullo-nelson-quintero-allariz
4 Sep 2025

A Praza do Matadoiro acollerá este xoves 4 de setembro, ás 19:00 horas, o espectáculo infantil ‘Barullo’, de Nelson Quintero.

A proposta recrea un pequeno teatrillo con estética de feira no que o mestre de cerimonias Pedrito Mendrugo e a súa inseparable pulga Jacinta Florette ofrecen unha posta en escena pensada para o público familiar. Durante a función versionanse contos populares en clave cómica, con música, humor, interacción co público e un ton cercano e desenfadado.

A actividade está dirixida a nenos e nenas de todas as idades, aínda que tamén pensada para divertir aos maiores.

⚙ Configurar cookies
0.18290305137634