O espectáculo "La Ruina" chega ao Auditorio Municipal o vindeiro venres

O espectáculo "La Ruina" chega ao Auditorio Municipal de Ourense o vindeiro venres, 22 de marzo. A cita terá lugar ás 21.00 horas.
Sobre o espectáculo
"La Ruína" é un show no que tanto asistentes como convidados especiais comparten en público a súa anécdota máis embarazosa: aquela vez que a súa parella deixoulles por whatsapp, cando se durmiron nunha reunión importante, un malentendido cun taxista… A típica anécdota que os amigos sempre piden que contes nas ceas.
Os cómicos e guionistas Ignasi Taltavull & Tomàs Fuentes conducen o show, acompañados dun invitado que lles axudará a comentar as anécdotas desa noite. Polos micros da Ruína pasaron a compartir a súa miseria xente como Berto Romero, Facu Díaz, Marc Virou… E demostráronnos que absolutamente todos somos máis estúpidos do que nos cremos.