O espectáculo ‘Tan Lonxe, Tan Preto’ chega este venres a Pereiro de Aguiar

OurenseXa
A función terá lugar ás 21.00 na Biblioteca e dará comezo á I edición do Festival de Teatro Afeccionado Padre Feijoo
tan-lonxe-tan-preto
Cartel de 'Tan lonxe, tan preto'
28 May 2025

O espectáculo ‘Tan Lonxe, Tan Preto’ chega este venres, 30 de maio, a Pereiro de Aguiar. A forza da música e da escena portagonizan esta peza teatral dirixida por Héctor Martínez e con Elisa Maneiro como auxiliar de dirección.

Con este espectáculo, a Asociación Porta Cadea leva ás rúas da vilaunha peza que reflexiona sobre situacións atemporais derivadas das guerras.

A música está a cargo de Rafael Yebra, Juan Diego García, Ruth González, Gabriel Carballo, Cristina Blanco, Pepe López, María Durillo e Nuria Gutiérrez, e os arranxos musicais son obra de Pepe López. Maneiro4k encárgase do vestioario e do aatrezzo mentres que Iván Iglesias é o artista creador do cartel.

Será ás 21.00 horas fronte á Biblioteca Municipal, e dará comezo á I edición do Festival de Teatro Afeccionado Padre Feijoo, unha iniciativa que nace para dar visibilidade ao teatro no rural así como ao teatro afeccionado dentro das artes escénicas e na creación dunha rede de apoio entre grupos teatrais.

Nesta primeira edición participará un total de cinco grupos de teatro. A seguinte cita será o sábado, 31 de maio, ás 12.00 horas, co Grupo de Teatro Loureiro, que actuará no Auditorio dos Gozos coa súa función ‘O testamento do tío Nacho’. Pola tarde, ás 19.00 horas, será a quenda do grupo A Caniceira, coa función ‘Tempos Mellores,’ tamén nos Gozos.

Por último, o domingo, 1 de xuño, o grupo de teatro do Centro Social de Maceda presentará a función ‘Eiquí hai vida’, no Auditorio Os Gozos ás 12.00 horas. Os encargados de pechar esta primeira edición do festival serán os membros da Aula de Teatro de Pereiro de Aguiar, coa función ‘Puntadas rebeldes’, que terá lugar nos Gozos ás 19.00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.16239905357361