O espectáculo teatral ‘Punto en boca: entre fíos anda o lío’ chega este venres a Allariz
OurenseXa
A función foi gañadora do VI Premio Luísa Villalta de Proxectos pola Igualdade

21 Aug 2025
Este venres 22 de agosto ás 20:30 horas, a Praza do Matadoiro de Allariz acollerá a obra “Punto en boca: entre fíos anda o lío”, escrita por Raquel Crespo, con música de Xosé Lois Romero e dramaturxia de Susana Crespo.
O espectáculo, cheo de creatividade, fíos e emocións, realízase en colaboración co Centro Dramático Galego e foi gañador do VI Premio Luísa Villalta de Proxectos pola Igualdade. O acceso será totalmente libre e gratuíto.