O festival Danza no Claustro celebra tres actuacións especiais en espazos patrimoniais de Ourense

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O ciclo levará danza contemporánea a Melón, Nogueira de Ramuín e Xunqueira de Espadanedo os días 1, 2 e 3 de agosto
Danza-no-claustro-Xunqueira-espadanedo-2025
28 Jul 2025

A iniciativa cultural Danza no Claustro, organizada pola plataforma SóLODOS, volve este mes de agosto cun percorrido singular por tres espazos patrimoniais da provincia de Ourense, onde a danza contemporánea e a arquitectura histórica se dan a man. O proxecto busca transformar claustros e lugares con valor artístico en escenarios vivos, convidando ao público a desfrutar do movemento en diálogo co espazo.

O ciclo comezará o 1 de agosto, ás 20:00 horas, no Claustro de Santo Estevo de Ribas de Sil, situado en Nogueira de Ramuín. Ao día seguinte, 2 de agosto, tamén ás 20:00 h, a proposta trasladarase ao Claustro de Santa María de Melón, e o 3 de agosto, na mesma franxa horaria, a danza tomará o Claustro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, pechando así esta edición estival do festival.

Danza no Claustro leva máis dunha década ofrecendo espectáculos de gran calidade en localizacións simbólicas da provincia, co obxectivo de tender pontes entre o público, a creación escénica e o patrimonio arquitectónico galego.

⚙ Configurar cookies
0.19897603988647