O Festival de Cine de Ourense celebrarase do 27 de setembro ao 6 de outubro

OurenseXa
Esta mañá tivo lugar a primeira reunión entre o equipo de organización do Festival de Cine de Ourense e o presidente da Deputación, Luis Menor
OUFF_reunion_deputacion
Reunión de coordinación entre o equipo do Festival de Cine de Ourense e o presidente provincial, Luis Menor,
28 Feb 2024

A organización da 29 edición do OUFF xa está en marcha. Hoxe tivo lugar na Deputación a primeira reunión de coordinación entre o equipo do Festival de Cine de Ourense e o presidente provincial, Luis Menor, dado que a institución é a propietaria e máxima responsable deste certame, o máis importante de todo o ciclo cultural anual na provincia e o festival de referencia en Galicia.

Á reunión asistiron Miguel Anxo Fernández, Aurelio Gómez Villar, Xosé Manuel  Rodríguez e Antonio Piñeiro como representantes da organización do 29OUFF.

Nesta primeira reunión de traballo xa se puxeron de manifesto cuestións fundamentais como as datas do certame (do 27 de setembro ao 6 de outubro), ademais da previsión de actividades que se desenvolverán durante a celebración do festival.

0.20604300498962