O Festival de Jazz Primavera de Ourense trae Nani García ao escenario do Café Latino

O compositor, músico e produtor musical coruñés, Nani García, subirase coa súa banda ao escenario do Café Latino de Ourense dentro do ciclo de concertos XXVI Festival de Jazz Primavera de Ourense. A cita terá lugar este luns, 27 de maio, ás 22.30 horas.
Nani García é un solista, produtor musical e arreglista que mantén paralelamente á súa faceta de músico de jazz unha intensa actividade no mundo da composición. É autor de bandas sonoras para longametraxes de animación e ficción, obras de teatro, curtametraxes, programas de TV e conta con máis de 100 publicacións ao longo da súa traxectoria.