O Festival Hércules Brass volve ao Claustro Barroco de Celanova

OurenseXa
Do 28 de xullo ao 1 de agosto pasarán por este emblemático lugar artistas como Abraham Cupeiro e a Orquestra Gaos ou James Morrison
hercules-brass-celanova
Festival Hercules Brass, Celanova
17 Jun 2025

Do 28 de xullo ao 1 de agosto, o Festival Hércules Brass celebra a súa undécima edición en Celanova, no Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador. Durante cinco días, o público poderá gozar de varios concertos con artistas internacionais especializados en música de metais.

Entre os invitados destacan James Morrison acompañado pola Banda de Música de Celanova, o recoñecido grupo Boston Brass, e o proxecto Mythos con Abraham Cupeiro e a Orquestra Gaos. A última xornada contará coa participación de Isabel Rubio, Adam Rapa, Boston Brass e Hércules Brass Ensemble.

Este festival é xa unha cita habitual do verán na localidade, que combina música de calidade co marco único do Mosteiro. Unha proposta para quen queira desfrutar de boa música nun espazo singular.

⚙ Configurar cookies
0.16026997566223