Allariz inaugura o próximo sábado o Festival Internacional de Xardíns de Allariz

OurenseXa
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz prepara a súa décimo cuarta edición que poderá visitarse dende este 11 de maio ata finais de outubro
festival-internacional-xardíns-de-allariz
O Festival Internacional Xardíns de Allariz comenzará o 11 de maio
6 Maio 2024

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz prepara a súa décimo cuarta edición, que arrancará este sábado, día 11 de maio ás 19:00 horas. Como xa é costume, antes da ponte das Letras Galegas, o Festival Internacional de Xardíns de Allariz abre as súas portas para que a veciñanza e as persoas que nos visiten poidan gozar da XIV edición.

Baixo o tema central "O xardín é unha obra de arte", o Festival, que poderá ser visitado ata finais de outubro, alberga doce xardíns efémeros seleccionados entre case corenta propostas recibidas dende diferentes puntos da xeografía mundial. Destes doce, nove xardíns entran en concurso a través da votación do público que visita anualmente o recinto. Móstranse, ademais, os xardíns gañadores do ano pasado (voto popular e voto técnico), o colombiano Xardín Informal e o madrileño Xeometrías do Nilo respectivamente, ademais do xardín deseñado polo alumnado do IES de Allariz.

Paisaxistas galegos, madrileños, ecuatorianos, portugueses e austríacos participan nesta edición na que os visitantes poderán gozar de espazos dedicados a diferentes estilo artísticos. Poderemos atopar dende xardíns impresionistas, ata un xardín dedicado a danza, así como o característico arte pop.

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz converteuse nunha cita consolidada no panorama paisaxístico e referente a nivel estatal por ser o único con estas características, polo que pasan, de maio a outubro, preto de 40.000 visitantes.

0.18256115913391