O Festival Internacional Rebulir entregou os Premios da Cultura Galega 2024

OurenseXa
A Gala Central do FIR 2024 acolleu a entrega dos Premios Rebulir da Cultura Galega, que galardoou aTreixadura, Isabel Risco e a Asociación de gaiteiros e gaiteiras galegos
FIR 2024
FIR 2024
22 Dec 2024

Na noite deste sábado, 21 de decembro, Ramirás convertiuse unha vez máis no epicentro da cultura galega coa celebración da gala central da XIX edición do Festival Internacional Rebulir (FIR). O evento, que tivo lugar no polideportivo de O Picouto, congregou a media ducia de agrupacións artísticas procedentes de diversas partes do mundo, ofrecendo un espectáculo inesquecible para o público asistente.

A gala, presentada por Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, destacou polo seu coidado equilibrio entre a tradición e a innovación, cunha variada programación que incluía as actuacións dos anfitrións Rebulir (Galicia), xunto aAssociação Escola Jogo do Pau de Moita (Portugal), Leyendas de México e Mariachis V (México), Escontra’l Raigañu (Asturias), Academia Timorenses (Timor Leste) e Danses i Cançons Castalla (Comunidade Valenciana).Estas agrupacións, a través das súa música e danzas, lograron transmitir a riqueza e diversidade do folclore internacional, xerando un ambiente de celebración e fraternidade cultural.

Un dos momentos máis esperados da noite foi a entrega dos Premios Rebulir da Cultura Galega 2024, que este anorecaeron en Treixadura, na categoría de Música Galega, Isabel Risco, en Artes Escénicas, e a Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras Galegos/as, que recibiu o Premio Homenaxe. Ademais, houbo un recoñecemento especial ácomunidade emigrante galega en Catalunya polo seu labor na preservación e promoción da nosa cultura no exterior. Estes galardóns, na súa XIII edición, reafirman o compromiso do FIR coa posta en valor do patrimonio cultural galegoe a súa proxección máis alá das fronteiras.

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Á. Santalices, fixo entrega do Premio categoría Música Galega os membros de Treixadura. Antes dunha breve mostra do seu recorrido, amosáronse emocionados por ter recibido este recoñecemento: “É un pracer e un orgullo, así como unha grande responsabilidade. Levamos 35 anos sobre as táboas e nunca pensamos que esto fora ser posible. Subirse a un escenario non era tan doado naquela época. Aclave e o éxito de Treixadura é o noso público, polo que aproveitamos para trasladar o noso orgullo a toda esa xente.”

 

0.19787502288818