O Festival Internacional Rebulir presenta o programa da súa vixésima edición

O Festival Internacional Rebulir regresa un ano máis para celebrar a súa vixésima edición, que se desenvolverá entre o 18 e o 21 de decembro de 2025 en diferentes espazos de Celanova, Ourense e Ramirás, onde terá lugar o acto central.
O festival ofrece unha variada programación que inclúe exposicións, paneis e obradoiros dedicados á cultura tradicional galega, como a música, a danza e as artes escénicas. Entre as actividades destacan conferencias sobre o sentido cultural das artes plásticas e a educación desde a tradición, así como obradoiros de bailes do mundo e animacións con grupos internacionais de Senegal, Ecuador, A Rioxa e Asturias.
A música tradicional ten un papel protagonista con espectáculos, foliadas itinerantes e actuacións en espazos públicos e en medios de comunicación, como o programa “Luar” da Televisión de Galicia. Ademais, o festival aposta pola interculturalidade e o diálogo entre diferentes tradicións populares.
O punto culminante será a gala central en Ramirás, onde se entregarán os Premios Rebulir da Cultura Galega 2025. Nesta edición, o xurado recoñecerá figuras e proxectos destacados na música, as artes escénicas, a comunicación e a diáspora galega. Entre os galardoados están o grupo Malvela, a actriz Cristina Castaño, o programa “Luar” e, por primeira vez, a emigración galega en Euskadi.
Con esta edición, o Festival Internacional Rebulir continúa consolidándose como un referente na promoción e preservación da cultura galega, impulsando o seu coñecemento e disfrute tanto dentro como fóra de Galicia.
PROGRAMA COMPLETO DO FESTIVAL INTERNACIONAL REBULIR 2025