O Festival Pórtico do Paraíso celebrará súa 19ª edición no mes de maio

OurenseXa
A cita, consolidada como referente cultural na provincia, contará coas actuacións de Vandalia, Mariví Blasco & Álex Pernas, Alex Alguacil, Cuarteto Seikilos e unha conferencia titulada ‘Travelling para un arpa’
presentacion-festiival-portico-do-paraiso-2026jpg
26 Mar 2026

O Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso, que este ano alcanza a súa XIX edición, regresa do 8 ao 17 de maio co apoio a Deputación de Ourense. A presentación do evento tico lugar este xoves no Centro Cultural Marcos Valcárcel, e contou coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández, do director de Agadic, Jacobo Sutil, e do presidente da Asociación Pórtico Musical, Juan Enrique Miguéns.

Durante a súa intervención, Fernández destacou o “carácter diferenciador” do festival, considerado un “referente da actividade cultural na nosa provincia desde hai anos”, pola súa capacidade de combinar a calidade musical con “elementos patrimoniais singulares do noso territorio”. O deputado l o apio da Deputación

A colaboración da Deputación con este proxecto cultural vénse materializando desde o seu inicio porque, segundo salientou o deputado, “entendemos que cumpre coas premisas fundamentais: calidade e capacidade de poñer en valor diferentes lugares da provincia”.

Ademais, Fernández subliñou a relevancia da cultura como “elemento dinamizador da economía local e social dos territorios” e felicitou aos organizadores e participantes, desexando que este festival sexa “un novo éxito”.

PORGRAMA COMPLETO DEL XIX FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA PÓRTICO DEL PARAÍSO

0.12576508522034