O FLAZ de Allariz arranca este venres cun roteiro polo casco histórico da Vila

OurenseXa
A terceira edición do FLAZ contará coa participación de autores como Antón Riveiro Coello, Carlos Meixide, Marta Orriols e Berta Dávila, e os axentes literarios Marina Penalva e Bernat Fiol
Presentación da terceira edición do FLAZ de Allariz
5 Jul 2024

O Festival Literario de Allariz (FLAZ) regresa este venres, 5 de xullo, ao Concello ourensán para festexar a súa terceira edición. Durante as xornadas deste venres e sábado contará coa participación de autores como Antón Riveiro Coello, Carlos Meixide, Marta Orriols e Berta Dávila, e os axentes literarios Marina Penalva e Bernat Fiol.

O FLAZ arrancará ás 17.00 horas cun roteiro polo casco histórico de Allariz que partirá da Praza do Matadoiro e contará coas figuras convidadas do festival da man de Xeitura Turismo Cultural

Ademais, ás 19.30 horas, comezará a xornada 'Memoria e historia na novela', un diálogo entre Antón Riveiro Coello e Carlos Meixide, que será o primeiro encontro deste terceiro FLAZ, na Sala de Exposicións A Fábrica de Allariz.

O día grande espérase para este sábado, 6 de xullo. As actividades comezarán ás 11.00 horas coa Feira de Editoras Galegas, que se extenderá ata as 21.00 horas na Praza do Matadoiro.

Ás 12.oo horas terá lugar o coloquio 'Todo o que quixo saber sobre os axentes literarios e nunca se atreveu a preguntar', con Marina Penalva e Bernat Fiol, seguido do encontro 'A vida cotiá como materia prima na literatura actual', con Marta Orriols e Berta Dávila. Por último, para pechar esta edición, ás 19.30 horas terá a mesa redonda 'Escribir e publicar non son a mesma cousa', que contará coa participación de tos os convidados.

0.16177606582642