O GDR Limia-Arnoia convoca unha reunión informativa sobre as subvencións LEADER en Celanova

OurenseXa
Será este mércores 11 de febreiro e está aberta a todas as persoas interesadas en asistir
casa-do-concello-celanova
7 Feb 2026

O GDR Limia-Arnoia convoca unha xuntanza informativa destinada a persoas autónomas, empresas, asociacións, comunidades de montes en man común e entidades municipais que estean interesadas en presentar proxectos para a convocatoria de subvencións LEADER 2026.

A sesión terá lugar o mércores 11 de febreiro, ás 12:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Celanova. A reunión é aberta ao público e buscará ofrecer toda a información necesaria para facilitar a presentación e tramitación das solicitudes.

Esta iniciativa está organizada polo GDR Limia-Arnoia, coa colaboración do Concello de Celanova.

⚙ Configurar cookies
0.086564064025879