O GDR Limia-Arnoia convoca unha reunión informativa sobre as subvencións LEADER en Maceda

OurenseXa
Será este xoves 5 de febreiro e está aberta a todas as persoas interesadas en asistir
vacas-gdr-limia-arnoia
4 Feb 2026

O GDR Limia-Arnoia convoca unha xuntanza informativa destinada a persoas autónomas, empresas, asociacións, comunidades de montes en man común e entidades municipais que estean interesadas en presentar proxectos para a convocatoria de subvencións LEADER 2026.

A sesión terá lugar o mércores 25 de febreiro, ás 12:30 horas, no Salón de Actos do Concello de Maceda. A reunión é aberta ao público e buscará ofrecer toda a información necesaria para facilitar a presentación e tramitación das solicitudes.

Esta iniciativa está organizada polo GDR Limia-Arnoia, coa colaboración do Concello de Maceda.

⚙ Configurar cookies
0.089112043380737