O goberno provincial aproba tres expedientes de modificación de crédito por valor de 41,5 millóns de euros

OurenseXa
Deles, 24,7 millóns serán para a prestación dos servizos da Deputación de Ourense, 9,6 para cooperación cos concellos e 7,1 millóns para colaboración con entidades e mancomunidades
pazo-provincial-deputacion-de-ourense-recurso
22 Apr 2025

O Goberno provincial presentou na tarde deste luns, na Comisión de Contas, Facenda e Recursos Humanos, unha modificación de crédito por importe de 41,5 millóns de euros, divididos en tres expedientes: 24,7 millóns para a prestación dos servizos da Deputación de Ourense; 9,6 para cooperación cos concellos; e 7,1 millóns para colaboración con entidades e mancomunidades.

Segundo estas cifras, a cooperación coas entidades locais alcanza os 10,5 millóns de euros (9,6 para concellos e preto de 900.000 euros para mancomunidades). Unha cantidade que permitirá financiar máis de 220 accións, das que a meirande parte están destinadas á mellora e recuperación de infraestruturas e servizos básicos, ademais de proxectos de eficiencia enerxética ou actividades culturais, entre outros.

Compre apuntar no ámbito local os compromisos asumidos en materia de asistencia a maiores, financiando con máis de 800.000 euros oito actuacións noutros tantos concellos para mellora, ampliación o funcionamento de residencias. Neste sentido destacan os recursos destinados á construción dos centros de Baltar (250.000 euros) e Xunqueira de Ambía (200.000 euros).

Tamén é importante o capítulo de infraestruturas deportivas, con case 613.000 euros para doce concellos, entre eles para a construción de campos de fútbol en Viana do Bolo (150.000 euros); Maside (100.000 euros); ou Cenlle (165.000 euros).

En cooperación destacan ademais os 440.000 euros en axudas para os concellos onde se localizan as bases dos GES (40.000 euros para Avión, O Barco, Castro Caldelas, A Gudiña, Laza, Lobios, Muíños, Pereiro de Aguiar, Ribadavia, A Veiga e o servizo da mancomunidade Terra de Celanova), así como os 250.000 euros en axudas para os concellos con conservatorios de música (50.000 euros para O Barco, Carballiño, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia).

O mantemento de vías provinciais alcanza os 9 millóns

Outro dos compromisos do Goberno presidido por Luis Menor para este mandato foi unha maior dotación de recursos para o mantemento dos 1.850 quilómetros da rede provincial de estradas.

No expediente de modificación de créditos para servizos da Deputación figura unha achega total de 4,5 millóns para atender estas vías, cantidade que sumada a unha idéntica partida xa consignada nos orzamentos deste ano eleva os recursos para estradas provinciais ata os 9 millóns de euros, dous millóns máis que no pasado exercicio.

Para a prestación de servizos, execución de plans e colaboración con outras administracións, a modificación de crédito inclúe case 6 millóns de euros para actuacións en Medio Ambiente, con especial atención ao servizo de recollida e tratamento de lixo, sendo a Deputación de Ourense a única institución provincial de Galicia que presta este servizo de modo directo.

No marco dos acordos alcanzados coa Xunta de Galicia para a execución de diferentes plans na provincia recóllese o convenio con Medio Rural para a prevención de incendios (1,5 millóns); o cofinanciamento de residencias de maiores (1,4 millóns); ou a promoción de actividades deportivas e culturais, en ambos casos con 150.000 euros. Hay que citar tamén neste capítulo o plan provincial de vivenda (500.000 euros) ou o plan provincial de lectura (350.000 euros).

O terceiro dos expedientes de modificación aprobados vai dirixido á colaboración con entidades, con máis de 130 achegas dirixidas a asociacións de carácter social, empresariais, do sector primario, educación, cultura, deporte ou sanidade.

Pola súa contía e reflectindo os compromisos asumidos destacan neste punto as axudas destinadas á Comunidade de Regantes da Limia para a modernización do regadío, e ao Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para o plan de mobilidade, nos dous casos con achegas de 500.000 euros.

 

 

 

⚙ Configurar cookies
0.16734600067139