O grupo de Teatro de Coles presenta na Peroxa a obra “Os vellos deberían namorarse e non morrer”

OurenseXa
Será este venres no Auditorio municipal da Peroxa con entrada libre e gratuíta
teatro-coles-a-peroxa
26 Dec 2025

O grupo de teatro de Coles presentará este venres, 26 de decembro, na Peroza, a obra “Os vellos deberían namorarse e non morrer”, unha libre adaptación da peza de Castelao. Nesta farsa, tres vellos imprudentes caen nos enganos de tres mozas pícaras que, movidas polo seu propio interese, lles fan falsas promesas de amor, levandoos a unha ruína moral e persoal.

A representación terá lugar no Auditorio municipal da Peroxa ás 19:30 horas e a entrada será libre e gratuíta ata completar aforo. Dende o Concello animan a toda a veciñanza a asistir e gozar desta proposta teatral, e non esquecer quedarse ata o final, xa que haberá unha sorpresa para os asistentes.

⚙ Configurar cookies
0.081171989440918