O grupo En Mala Hora ofrecerá un concerto en Barbadás este xoves
OurenseXa
A cita enmárcase dentro do programa cultural de verán organizado polo Concello

9 Jul 2025
O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Cultura, continúa este xoves, 10 de xullo, co seu programa cultural de verán, baixo o lema “O Verán é Cultura”.
Así, ás 21:00 horas, o grupo ourensán En Mala Hora ofrecerá un concerto no Parque dos Patos (A Valenzá). En Mala Hora é unha banda que interpreta versións de temas coñecidos do Rock and Roll e do Blues, tanto nacionais como internacionais, transmitindo moita enerxía e ganas de gozar.