O grupo ourensán Distance Sister aterriza esta noite en Celanova

O grupo ourensán Distance Sisters aterriza este venres,26 de xullo ás 22.30 horas, na praza Cervantes de Celanova. A banda de blues-rock formada polas ourensáns Ana Rojas, Paula Díaz, Alba Álvarez e Montse Díaz naceu durante a pandemia do COVID-19 cando comezaron a publicar os seus temas por separado a través das redes sociais.
Ademáis do concerto desta noite en Celanova, Distance Sisters será parte do cartel do Lestrato Fest que regresará ao Café Cultural Auriense o 23 de novembro de 2024 e onde compartirán cartel co grupo coruñés Greasy Belly e cos suecos The Hawkins.