O Grupo Provincial do PP pedirá o apoio do pleno para instar ao Goberno mellorar o servizo de Correos no rural de Ourense

O Grupo Provincial do Partido Popular presentará no pleno deste venres unha moción na que instará ao Executivo central a tomar medidas para solucionar os problemas no servizo de Correos na provincia de Ourense. A iniciativa, din, responde ás queixas por falta de persoal, atrasos na entrega de correspondencia e acumulación de envíos, especialmente en zonas rurais.
A portavoz do Grupo Provincial do PP, Patricia Torres, denunciou fai xa unhas semanas “desmantelando o servizo de Correos no rural e precarizando o traballo do persoal”, destacando que Ourense é unha provincia cunha alta porcentaxe de poboación envellecida e unha gran dispersión xeográfica, polo que este servizo é fundamental.
O deterioro, sinalan os populares, non é algo novo, e responde fundamentalmente á “falta de contratación de persoal”, segundo a representante sindical de CC.OO., María Paz Saavedra, que destacou que a problemática incrementa “nun rural como o noso tan disperso, con moita montaña, cunha climatoloxía adversa e os traballadores pola falta de contratación e previsión non dan chegado a toda a cidadanía”.
Por todo iso, o PP propón que o Goberno repoe os postos de traballo vacantes e cancele os peches de oficinas e días sen reparto na provincia para garantir un servizo adecuado e o mantemento das oficinas no medio rural.