O guitarrista galego afincado no Reino Unido, Iago Banet, ofrecerá un concerto en Ourense

OurenseXa
Será o 7 de xuño no Liceo
iago-banet-t-ourense
30 May 2025

Iago Banet, guitarrista orixinario de Galicia e residente no Reino Unido, ofrecerá un concerto no Liceo de Ourense o sábado 7 de xuño ás 21:00 horas. As entradas poden adquirirse directamente no Liceo.

Coñecido no Reino Unido como ‘The Galician King of Acoustic Guitar’, foi o encargado de abrir o Festival de Jazz e Blues de Pontevedra o ano pasado, recibindo unha gran resposta tanto do público como da organización. No Reino Unido, foi invitado en dúas ocasións ao prestixioso programa 'In Tune' da BBC Radio 3 e destacado no Blues Show con Cerys Matthews da BBC Radio 2; o seu disco 'TRES' recibiu unha excelente crítica con catro estrelas na revista R'n'R Magazine. Tamén foi considerado "artista altamente recomendado" no festival Celtic Connections de 2023 en Glasgow. Compartiu escenario con artistas como Josh Smith (Joe Bonamassa), Mark Flanagan (Jools Holland and his Rhythm and Blues Orchestra), Los Tigres del Norte, Jack Broadbent e Clive Carroll, entre outros.

A súa música fusiona estilos como gypsy jazz, blues, americana, country, dixieland, swing e pop, amosando unha gran habilidade na técnica ‘fingerstyle’. Entre as súas colaboracións atópanse músicos da talla de Josh Smith, Mark Flanagan e Jack Broadbent.

⚙ Configurar cookies
0.10815787315369