O historiador e experto gastronómico Xavier Castro presenta en Ourense a súa obra máis completa sobre o viño galego

O historiador e especialista en cultura gastronómica e vitivinícola de Galicia, Xavier Castro, presentará este martes 16 de decembro ás 19:00 horas no Liceo de Ourense o seu novo libro, publicado por Ézaro Ediciones, que se converteu na guía máis completa e fiable sobre os viños galegos do mercado.
O acto de presentación contará coa participación de Antón Alonso, director da revista ‘Vinos y Caminos’. A obra realiza un percorrido exhaustivo polas cinco denominacións de orixe galegas —Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei—, así como polas cinco Indicacións Xeográficas e polos proxectos emerxentes que están a marcar tendencia a nivel internacional.
Con un análise detallado, o libro pon en valor o traballo de viticultores e adegueiros que, con paixón e respecto pola terra, proxectaron a identidade de Galicia máis alá das súas fronteiras. Ademais, ofrece unha visión global do sector vitivinícola galego, combinando historia, variedades, paisaxes e persoas, e destaca a importancia cultural do viño na vida social e tradicional da rexión.
Segundo Castro, “o viño achegaba calidade de vida, xa que era alimento, estímulo, medicina, fonte de calor no inverno e refresco no verán, ademais dun elemento clave na sociabilidade, na festa e no amor”.