O IES Celanova Celso Emilio Ferreiro recibe a mención de honra nos premios Innovagal

OurenseXa
Os galardóns distinguen as boas iniciativas no ámbito da innovación Educativa
IES Celanova Celso Emilio Ferreiro
20 Jun 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández, presidiu a entrega de premios Innovagal que distinguen as boas iniciativas no ámbito da innovación Educativa.

O titular do departamento educativo galego puxo en valor a importancia do galardón no fomento da creatividade como unha poderosa ferramenta para afrontar os retos futuros. Os premios teñen como obxectivo mellorar e perfeccionar o progreso do alumnado galego. De esta maneira, tamén se consegue o avance da sociedade no seu conxunto.

No acto, entregáronse os galardóns nas dúas categorías de participación: premios para os centros que imparten Educación Infantil e para os de Secundaria e de adultos. Durante a xornada, o titular do departamento educativo galego quixo destacar a variedade xeográfica dos centros, que é “mostra de que en Galicia hai un sistema equitativo que xera igualdade de oportunidades entre os centros, sen importar na zona na que se atopen”, destaca o conselleiro.

Na primeira modalidade, o gañador é o Colexio CEIP Plurilingüe de Outes, segundo o Colexio CEIP de Viñagrande-Deiro (Vilanova de Arousa), terceiro o Colexio CEIP Plurilingüe nº1 (Tui) e a mención de honra para o Colexio CEIP Plurilingüe da Carrasqueira (Vigo).

No caso da segunda categoría, para centros de Secundaria e de adultos, o primeiro premio é para o Colexio O Cruce (Cerceda), o segundo para o Instituto IES Maximino Romero de Lema (Zas), o terceiro para o Colexio CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) e a mención de honra para o Instituto IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova).

Os primeiros premios están dotados con 10.000 euros, os segundos con 6.000 euros, os terceiros con 3.000 euros e as mencións de honra con 1.000 euros. Ademais da dotación económica do galardón, os centros vencedores reciben o distintivo de Centro educativo Innovagal, cunha vixencia de catro cursos escolares.

O Instituto IES Celanova Celso Emilio Ferreiro parte da súa localización para desenvolver o proxecto Arredor do Mosteiro, que xira en torno a posta en valor do patrimonio e a optimización dos espazos. A iniciativa abre o centro á contorna a través de diferentes actividades como charlas, concertos ou obradoiros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1851818561554